A empresa especializada no mundo do descanso Colterxy®
Colterxy® inaugurou máis de 2.200m² de instalacións.
Xornal Galicia | Sábado, 14 Junio, 2008 – 09:18
O acto de inauguración, que coincide co 25º aniversario da empresa, comezou cun percorrido polas novas instalacións. Lle seguiu a proxección do vídeo corporativo da empresa e os discursos.
A empresa especializada no mundo do descanso inaugurou hoxe, máis de 2.200m² de instalacións, distribuídos en dúas plantas, destinadas principalmente á fabricación. O resto da superficie destinarase a almacén de materias primas, oficinas e exposición. No acto, o xerente de Colterxy S.L., José Antonio Seoane contou, entre outros, coa presenza da alcaldesa de Bergondo, Alejandra Pérez, e co vicepresidente da Xunta de Galicia, Anxo Quintana.
O acto de inauguración, que coincide co 25º aniversario da empresa, comezou cun percorrido coas novas instalacións ao que lle seguiu a proxección do vídeo corporativo da empresa e os discursos. Durante a súa intervención, José Antonio Seoane agradeceu especialmente a presenza de Anxo Quintana “sobre todo porque sei que el coñece de preto o mundo do descanso porque a súa familia tiña a fábrica de colchóns Zirall”.
Ademais, lembrou os inicios da empresa que se remontan ao 1983, “cando tan só eramos tres persoas e moita ilusión”, asegurou o xerente de Colterxy S.L. José Antonio Seoane agradeceu ao equipo humano da súa empresa “a implicación, o seu bo facer e o traballo que desenvolven día a día”. Tamén fixo referencia ao posicionamento da empresa dentro do mundo do descanso. “Terxy é unha empresa 100% galega, que xera emprego, traballo e que presta especial atención á calidade, á excelencia no descanso e ás certificacións que avalan en campos coma a hixiene, a seguridade ou a ecoloxía”, indicou durante a súa intervención.
Colterxy® en datos
COLTERXY S.L. ten máis de 9.000 metros cadrados de instalacións distribuídos entre fábrica, almacén e oficinas dotadas de tecnoloxía punteira. O equipo humano está integrado por un equipo de profesionais que teñen no mundo do descanso, a súa razón de ser.
COLTERXY S.L. conta cun departamento de I+D+I que innova e investiga día a día para que a marca continúe con súa traxectoria de crecemento.
Terxy é unha empresa que cumpre os máis altos estándares de calidade. Proba disto é que a meirande parte dos seus produtos e modelos incorporan o certificado Oeko-Tex Standard 100 Clase de produtos I. Ademais, contan coa garantía de certificacións como a ISO 9001 da man de AENOR, o certificado SANITIZED ou o HYGICEN belga.
O servizo de atención ao cliente garante mínimos prazos de entrega cun seguimento en tempo real dos pedidos. A rede de distribución comercial da empresa ten puntos en Galicia, Asturias e Castela e León. Situando a Terxy como referente en todo o norte peninsular.
Colterxy® traballa con produtos de máxima calidade e materias primas dos mellores fabricantes para conseguir crear compoñentes que aposten polo descanso coidando o contorno. A política de calidade e medio ambiente de Colterxy® utiliza directrices e métodos definidos. Proximamente, a empresa certificarase na ISO 14000 por AENOR e no estándar OHSAS en prevención de riscos.